miércoles, 25 de junio de 2014

Sobre médicos del valle de Monterrei (Verín-Ourense): el Dr. JUAN GUERRA VALDÉS

Traemos a nuestro blog a un médico ourensano que fue muy apreciado en la comarca de Monterrei y la villa de Verín durante toda su vida profesional (trabaja como médico desde 1908 a 1946). Nos referimos al Dr. Juan Guerra Valdés


Membrete de carta de Dr. Juan Guerra Valdés, 1943. (archivo Colegio Médicos de Ourense)


De este médico ya hicimos referencia en una entrada en el 2011 dedicada al Balneario de Cabreiroá (Verín) , en la cual comentamos algunos aspectos de su transformación en Enfermería-Hospital de retaguardia durante los primeros meses de la Guerra Civil. 
La casi totalidad de la entrada de hoy viene originada por la información que generosamente nos ha enviado Lola Fernández, una profesional de la sanidad del valle de Monterrei, amiga y colaboradora del blog. Agradecemos enormemente su información, así como todo lo que le ha contado y aportado la familia del Dr. Juan Guerra Valdés (fotos, comentarios y una pequeña biografia hecha por los alumnos del IES de Verín)
.


 Dr. Juan Guerra Valdés (Verín,Ourense, 1875-1946).
(Archivo familia Dr. Juan Guerra Valdés, Verín). Desconocemos fecha.


BREVES APUNTES SOBRE JUAN GUERRA VALDÉS
(realizados por alumnos del IES Xesus Taboada Chivite de VErín, y facilitados por la familia del Dr. Juan Guerra Valdés)

Juan Guerra Valdés naceu no número 53 da verinense rúa Maior o cinco de outubro de 1875.
Fillo do farmacéutico Ramón Guerra e de Emilia Valdés, cursou os estudos primarios en Verín e o bacharelato no Instituto de Ourense, aprobando o Exame de Grao en setembro de 1892, próximo a cumprir os dezasete anos.
Durante o curso 1892-93 realizou o preuniversitario específico para poder ingresar na Facultade de Menciña, curso que superou con brillantes cualificacións.
De 1893 a 1898, estudou na facultade de Menciña da entón chamada Universidade Literaria de Santiago de Compostela. A carreira constaba daquela de cinco cursos; os catro primeiros alternando teoría e práctica e o quinto exclusivamente de clínica. Licenciouse en outubro de 1898 con vintetrés anos de idade.
Instalouse como médico en Verín onde exercería toda a súa vida. O 14 de maio de 1915, con case corenta anos, casou con Amande André de vinteún, filla do mestre nacional de Mourazos Alejandro André e da portuguesa Adelaida Álvarez. Da súa unión sempre exemplarizante e chea de amor, naceron sete fillos varóns.
 A súa carreira profesional estivo chea de altruísmo, solidariedade e humanismo. O seu compromiso cos demais foi unha constante realidade onde entrega e dedicación estiveron sempre por encima de calquera interese material. Con motivo da desgraciadamente famosa “gripe do 1918”, deixou patente o seu talante humano traballando sen descanso día e noite, arriscando, como o obrigaba a súa conciencia, continuamente a súa vida. O pobo de Verín, agradecido polo seu esforzo, agasallouno cun aparato de Raios X mercado por medio dunha subscrición popular na que participaron centos e centos de persoas que valoraban desta forma unha profesionalidade intachable. Era o primeiro aparato de Raios que existiu na bisbarra de Monterrei.
A súa vida estivo chea de anécdotas que redundan no seu desinterese material e na súa entrega ao enfermo. Valga como exemplo o que repetiu en innumerables ocasións cando visitaba enfermos de casas economicamente necesitadas. Por testemuñas directas de familiares deses enfermos sabemos que non só non cobraba pola consulta senón que deixaba debaixo da almofada, sen dicirlle nada a ninguén, unhas moedas para axudar a paliar a pobreza que palpaba.
Foi un grande médico que curou a milleiros de pacientes, asistiu a centenares de parturientas, escoitou sempre que se lle contaba un problema e, humildemente, aconsellou a aquel que o precisou. Un médico dos de antes que aparte de curar empatizaba co paciente.
Xubilouse das ocupacións públicas aos setenta anos inda que seguiu traballando privadamente ata o día da súa morte o dezaoito de agosto de 1946 na que un traidor infarto de miocardio acabou coa súa vida.
En outubro de 1975, con motivo do centenario do seu nacemento, a Corporación Municipal de Verín, sendo alcaldesa María del Carmen Lovelle Alén, decidiu por unanimidade honrar a súa memoria dándolle o seu nome a unha das nosas rúas. O día nove de outubro de 1975 a rúa na que se atopaba o ambulatorio pasou a chamarse rúa do doutor Juan Guerra Valdés. Non era unha rúa elixida ao chou senón que era a rúa do centro de saúde, a rúa na que se curaban as enfermidades coma toda a súa vida fixo quen para moitas persoas sen recursos foi coñecido coma o “médico dos pobres” .


Fotografía tomada en Fontenova con unos agüistas. El Dr. Juan Guerra es el que está en la última fila, 2º por la derecha. En el lado derecho de la foto se lee Fontenueva -Verín.(Archivo familia Dr. Juan Guerra Valdés, Verín). Desconocemos fecha.



MAS APUNTES SOBRE JUAN GUERRA VALDÉS
El Dr. Juan Guerra Valdés fue médico del balneario de Fontenova (Verin), y durante la época de la guerra Civil estuvo vinculado o movilizado para colaborar en el Balneario-enfermería de Cabreiroá. Él era el jefe de sanidad y en esas fechas el hospital debía estar necesitado de médicos. Era un hombre conservador, pero nunca se supo que tuviese que ver con los falangistas, aunque sí hubo personas de su familia vinculadas a la represión falangista en la comarca de Monterrei en los días de la Guerra Civil.
En los días de la Guerra Civl, tuvo que asistir como médico al galeguista Valentín Paz Andrade, desterrado en Verín, cuando fue víctima de un atentado a manos de unos falangistas en el Casino de la villa.
A su muerte ,su viuda Amanda e hijos emigró a Argentina,quedando solo en Verín uno de ellos, que ejerció como practicante durante toda su vida.Al cabo de unos años ella regresó con su hijo Juan.
En su casa de la calle Mayor de Verín sigue habitando su familia, y según nuestros informantes, ya van en la 4ª generación de "Juanes" Guerra.



Carta manuscrita por Dr. Juan Guerra Valdés y dirigida al Colegio de Médicos solicitando le envíen "certificados de complacencia para pobres", agosto de 1943. (Archivo Colegio Médicos de Ourense)


2 comentarios:

Ale dijo...

Agradezco esta información encontrada ya que el Dr Juan Guerra Valdez era mi abuelo. Llevo en mi corazón miles de anécdotas contadas por mi padre. Es un orgullo y un honor ser una de sus nietas.
María Alejandra Guerra

Ale dijo...

Agradezco esta información encontrada ya que el Dr Juan Guerra Valdez era mi abuelo. Llevo en mi corazón miles de anécdotas contadas por mi padre. Es un orgullo y un honor ser una de sus nietas.
María Alejandra Guerra